Thursday 02 de May de 2024

Retómase na Pobra a charla sobre a prevención de atropelos


A Pobra do Caramiñal retoma a charla relativa á circulación peonil impartida polo coordinador provincial de Educación Viaria. Ofrecerase no 16 de marzo, ás 17.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

O concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), manifesta que se promove esta acción a través do corpo da Policía local en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT) para a prevención dos atropelos.

Establécese así como unha prioridade a protección dos/as viandantes máis vulnerables e, nesta senda, repartiranse chalecos reflectores entre as persoas asistentes ao coloquio.

O acceso é libre ata completa-la cabida.